Monday 29 de April de 2024

Rexeitamento á agresión a unha muller acontecida esta madrugada en Santiago de Compostela


O Concello manifesta o seu rexeitamento á agresión a unha muller que se rexistrou esta madrugada en Santiago de Compostela.

Desde o Concello de Santiago quérese trasladar o compromiso firme de tolerancia cero a calquera forma de expresión das violencias de xénero que se produzan e tamén incidir na aposta polas políticas feministas e de igualdade encamiñadas á prevención, á defensa das mulleres e ao dereito a vivir en liberdade.